O informe Saídas Profesionais Comarcais traballa sobre a base dos grupos de ocupación con mellores resultados no mercado laboral comarcal, segundo o movemento de contratos e demandantes de emprego.
O informe Saídas Profesionais Comarcais traballa sobre a base dos grupos de ocupación con mellores resultados no mercado laboral comarcal, segundo o movemento de contratos e demandantes de emprego.
Volume de artigos arredor da vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas, figura homenaxeada en 2019 co Día das Letras Galegas. Diversos estudosos analizan a súa biografía e escrita baixo a coordinación editorial de Luís Cochón e Xusto Beramendi, nunha edición en que colaboran co Centro Ramón Piñeiro a Fundación A. Fraguas e mais o Museo do Pobo Galego.
Volumen de artículos alrededor de la vida y obra de Antonio Fraguas Fraguas, figura homenajeada en el 2019 con el Día das Letras Galegas. Diversos estudiosos analizan su biografía y escritura bajo la coordinación editorial de Luis Cochón y Justo Beramendi, en una edición en la que colaboran con el Centro Ramón Piñeiro la Fundación A. Fraguas y el Museo do Pobo Galego.
Edición do Lazarillo de Tormes, traducido para o galego, xunto coa súa versión castelá, e prólogo do catedrático da Universidade da Coruña Alfredo Rodríguez López-Vázquez.
Volume en que se recolle unha ampla escolma de ensaios e textos xornalísticos do profesor e crítico literario Luís Alonso Girgado. Inclúe unha longa cronobiografía do homenaxeado que asina Armando Requeixo, responsable da edición da obra.
Trátase dunha reflexión sobre a vida e a obra do dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño, como achega ao logro dunha poética teatral xenuinamente galega capaz de dar resposta a un Teatro Novo, galego e universal. Contemplado non como unha illa senón como o que realmente pretendeu ser e foi: o alento e a luz dunha xeración de creadores e animadores dunha nova dramaturxia galega.
Publicación que recolle a experiencia deselvolvida polo Museo Etnolóxico no proxecto Museo Aberto, destinado a traballar con colectivos.
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, sensibilizada polas necesidades asistenciais das persoas con sensibilidade química múltiple, así como pola necesidade de limitar a exposición ambiental dentro do ámbito sanitario, elaborou un protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple coa intención de diminuír, na medida do posible, os axentes ambientais que se encontran dentro dos centros sanitarios e que poidan afectar estes pacientes.
Obra coeditada pola Agadic e Dos Acordes dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, Serie Agra Vella.
Nas montañas de Galicia foi composta en Bos Aires entre 1917 e 1919 e, aínda que premiada en concursos auspiciados pola Institución Mitre en 1923 e polo Centro Galego de Bos Aires trinta anos máis tarde, o autor non podería ver estreada a súa obra (só o seu último tempo, Danza campestre), pois a sinfonía completa se estrearía en conmemoración do centenario do seu nacemento, quince anos despois da súa morte, durante as xornadas galegas organizadas polo Centro Galego de Bos Aires o 28 de xullo de 1974. A estrea europea tería lugar ao ano seguinte na Coruña, no Teatro Colón.
En palabras de Joam Trillo, estamos ante unha sinfonía cos seus movementos convencionais -mutatis mutandis- estruturados como os dunha sinfonía clásico-romántica pero con elementos cíclicos e cunha temática totalmente galega, aínda que non comporte necesariamente que o tema en cuestión sexa recoñecible na tradición ou nos cancioneiros, dado que algúns son do propio autor e outros sofren transformacións ata facelos irrecoñecibles.
Contén CD coas partes instrumentais.
Memoria que recolle a actividade desenvolvida pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 durante o ano 2017. Especifica as actividades das áreas de coordinación, asistencial, calidade, gabinete de prensa, servizo de atención ao usuario, tecnoloxía e sistemas de información.
Homeless é o catálago da primeira mostra retrospectiva en España da artista Ángela de la Cruz, organizada conxuntamente por Azkuna Zentroa (Bilbao) e o CGAC.
Proceso asistencial que ten como obxectivo actualizar a atención á muller durante o período preconcepcional e durante o embarazo normal tras a incoporación do test prenatal non invasivo como prestación sanitaria. Dirixido principalmente ao persoal que atende as mulleres na consulta prenatal. Pretende axudar na toma de decisións e homoxeneizar a asistencia prenatal, á vez que favorecer a participación da muller na toma de decisións informada.
Este anuario de estatística forestal, cos datos e series históricas ata o ano 2018, é o primeiro compendio publicado en Galicia que contén exclusivamente datos estatísticos forestais.