Volume que compila a narrativa de diversos autores que publicaron os seus contos en cabeceiras de prensa da Galicia da Terra e a Galicia da Emigración nos primeiros anos do século XX.
Volume que compila a narrativa de diversos autores que publicaron os seus contos en cabeceiras de prensa da Galicia da Terra e a Galicia da Emigración nos primeiros anos do século XX.
Claridad foi un semanario publicado entre 1933 e 1934 en Santiago de Compostela. De ideoloxía republicana e natureza bilingüe, chegou a tirar do prelo vinte e catro números. Laico e autonomista, dirixido á clase obreira, o campesiñado e o estudantado, o seu director foi o escritor e intelectual Luís Manteiga. Esta edición, preparada por Luís Alonso Girgado, Laura Mariño e Laura Piñeiro Pais, incorpora un amplo estudo introdutorio á revista e reproduce facsimilarmente todos os seus números nunha memoria USB con formato tarxeta.
Verbas amigas reúne máis de medio cento de colaboracións escritas en homenaxe á profesora Blanca-Ana Roig Rechou por mor da súa xubilación. O volume, alén de diversos textos prologais de carácter institucional, incorpora tamén unha extensa cronobiografía sobre a homenaxeada que asinan os editores da publicación.
Vinte e catro achegas de diversos autores e autoras conforman este volume número 44 de Cadernos Ramón Piñeiro dedicado a Xela Arias. Traballos biográficos, literarios e mesmo xornalísticos achégannos á realidade vital e literaria dunha das escritoras máis senlleiras do noso pasado recente
Resulta difícil pensar que aínda quede algo novo por dicir sobre unha figura tan trascendental para a historia e as letras hispánicas do s. XIII como é a de Afonso X o Sabio. Non obstante, cando o especialista se achega á súa figura, tropeza cunha serie de “nebulosas” que envolven, sobre todo, as súas vicisitudes biográficas, en particular no que toca á súa relación con Galicia. E este é, precisamente, o eixo deste volume, publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que persegue unha perspectiva interdisciplinar que dea cabida tanto a visións históricas e á análise de manifestacións artísticas canto ao coñecemento da corte poética dun rei que soubo harmonizar como ningún outro a tradición lírica profana e a relixiosa.
O Camiño Portugués: Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente.
Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como os resultados no período 2020.
Segundo número da revista Agroexprés onde atoparemos artigos de grande interese como o sorgo forraxeiro, aditivos para a cervexa, analíticas do solo, cuncha de mexillón como fertilizante...
Catálogo da exposición "Galicia, un relato no mundo" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e colaboracións de especialistas nos temas tratados. Ademais, inclúe textos do escritor Robert MacFarlane.
Catálogo da exposición "Galicia futura". Galicia futura é unha exposición que amosa cal pode ser o futuro de Galicia en diferentes campos, que van desde as artes ou a música ata a biomedicina e as enxeñarías. Expón un futuro desexado e posible a partir da análise do que están a facer agora mesmo en Galicia os profesionais e grupos de vangarda.
Catálogo da exposición "Os brancos segredos do seu ventre" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e fichas dos 170 artistas que forman a colección depositada na Fundación Rac.
Catálogo da exposición “Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do Barroco Compostelán”. Exposición que o Museo desenvolverá dentro das actividades do ano Xacobeo 20-21, a partir de setembro de 2021.