Publicación na que se recolle o Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade en Galicia, coa visión dunha redución relativa do 15% na prevalencia do exceso de peso en Galicia para o 2030.
Publicación na que se recolle o Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade en Galicia, coa visión dunha redución relativa do 15% na prevalencia do exceso de peso en Galicia para o 2030.
Cartel para promocionar e difundir tanto ao sistema sanitario como á poboación en xeral a implementación do novo calendario común de vacinación ao longo de toda a vida do Programa Galego de Vacinación, que se porá en marcha o 15 de setembro de 2022, que incorpora importantes novidades de inmunización para a poboación galega.
Boletín co obxectivo de describir os acontecementos adversos notificados en Galicia cos medicamentos preventivos COVID-19 e recalcar a importancia de notificar as sospeitas de reaccións adversas a medicamentos.
Na devandita publicación recóllense os apartados seguintes: introdución. acontecementos adversos que deron orixe a notas informativas, notificacións de acontecementos adversos do ciclo menstrual, notificacións de acontecementos adversos en nenos e embarazo, notificacións de casos mortais, novas reaccións adversas identificadas despois da comercialización, novos medicamentos relacionados coa prevención do COVID-19.
Instrución con información técnica e de loxística para o sistema sanitario sobre a implementación do novo calendario común de vacinación ao longo de toda a vida do Programa Galego de Vacinación, que se porá en marcha o 15 de setembro de 2022 e que incorpora importantes novidades de inmunización para a poboación galega.
Informe de datos estatísticos sociolaborais referidos ao ano 2021.
Programa do evento de presentación do Plan de Obesidade Zero en Galicia da Dirección Xeral de Saúde Pública, que se celebrará o día 13 de maio de 2022
Esta monografía é unha viaxe polas distintas etapas da historia da oliveira en Galicia.
Estudo da parroquia rural de Caroianos, no concello de Cotobade; a través do seu territorio, as costumes da súa población e do seu patrimonio.
Publicación que engloba os datos de 2021 relativos ás operacións estatísticas 3803-01-OE05 cooperativas, 3803-02-OE05 sociedades laborais e 2401-OE05 centros especiais de emprego.
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen en situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levados a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.
Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.
Catálogo que recolle as máis de 150 pezas expostas no Museo Etnolóxico de Ribadavia con motivo da exposición feita durante o año 2021, sobre a figura de San Cipriano de Antioquía o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios.