Ao longo deste libro podemos descubrir a infraestrutura e o funcionamento da unidade helitransportada da Base O Campiño, exemplo de loita contra os incendios. O seu labor foi obxecto de recoñecemento máis alá das nosas fronteiras.
Ao longo deste libro podemos descubrir a infraestrutura e o funcionamento da unidade helitransportada da Base O Campiño, exemplo de loita contra os incendios. O seu labor foi obxecto de recoñecemento máis alá das nosas fronteiras.
"Manuel Murguía. Homenaxe" é unha edición preparada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en conmemoración do centenario do falecemento do historiador e polígrafo Manuel Martínez Murguía (1833-1923).
Na publicación faise un rescate dun fragmento do nº 246 de "Galicia" (“Revista oficial del Centro Gallego de Buenos Aires”, xuño, 1933), que recolle unha solemne homenaxe tributada a Murguía en Bos Aires, onde se inclúe como parte esencial a edición facsimilar da crónica dese evento, así como unha descrición e análise do contido da mesma.
Este libro compleméntase cuns Anexos, que reproducen o Discurso de Manuel Murguía nos Xogos Florais de Tui (1891); o artigo “Manuel Murguía, o gran precursor”, de Francisco Fernández del Riego; Cronobiografía (de Teresa Monteagudo Cabaleiro e Luís Alonso Girgado) mais unhas ilustracións murguianas achegadas por Siro López.
Catálogo da exposición Códices. Xoias das catedrais galegas na Idade Media que presenta os principais códices das dioceses galegas, entre eles o Códice Calixtino.
Catálogo da exposición que, sobre o fondo fotográfico de Mary Quintero, se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Amosa a obra da fotógrafa entre os anos 50 e 90, e finaliza cunha mostra do traballo realizado polo arquivo.
O Proxecto Lugares nace coa intención de transformar, dun xeito sostible, o espazo público no Camiño de Santiago, un dos itinerarios máis transitados e relevantes do mundo. A través dunha mirada multidisciplinaria, propón, da man da comunidade local, imaxinar e deseñar intervencións paisaxísticas e arquitectónicas sostibles, con materiais naturais e de proximidade.
Boletín de periodicidade anual no cal se recollen informacións diversas do Instituto Galego das Cualificacións para a súa divulgación.
Informe no cal se presenta o estado actual do desenvolvemento da responsabilidade social empresarial (RSE) nas empresas galegas, que permite coñecer a relación entre o compromiso das empresas coa RSE e o desempeño económico que pode derivar das prácticas responsables ou outros efectos na vida das empresas; e tamén cal é o estado actual do compromiso das empresas cos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS).
A batalla dos xéneros pretende afondar nos discursos, debates e, sobre todo, nas representacións xurdidas da práctica artística que teñen como marco temporal a década dos setenta do século vinte. Este conxunto de experiencias, lideradas sobre todo por mulleres artistas, supuxeron unha tentativa de denunciar a opresión machista e de pór en cuestión, e mesmo invalidar, os alicerces da sociedade patriarcal. A través dos textos de Manuel Olveira, director do CGAC; Juan Vicente Aliaga, comisario do proxecto, e das achegas das teóricas do feminismo Amelia Jones, Elisabeth Levobici, Griselda Pollock e María Laura Rosa, esta publicación analiza os froitos da relación entre o activismo político e a creación artística en marcos xeográficos tan diversos como Latinoamérica, Estados Unidos, Francia ou o Estado español.
Esta publicación é unha guía de consulta eminentemente práctica, útil para aquelas persoas que se queiran introducir no coñecemento dos fungos que medran nos diferentes hábitats presentes na nosa comunidade.
Edición do número 31 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.
Edición do número 32 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.
Edición do número 33 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.