Guía ilustrada da exposición temporal co mesmo título con texto explicativo e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.
Guía ilustrada da exposición temporal co mesmo título con texto explicativo e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.
A Estratexia galega de seguridade e calidade asistencial foi definida por máis de 85 profesionais do ámbito, consta de 10 liñas estratéxicas coas súas accións, obxectivos e indicadores para mellorar a seguridade do paciente en todos os centros sanitarios do sistema público de Galicia.
Programa da II Xornada Galega de Saúde Pública, organizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública a través da Escola Galega de Saúde Pública (EGSP), e dirixida principalmente aos profesionais da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saude. Trátase dun evento dedicado a dar a coñecer o traballo nos diferentes ámbitos da promoción, prevención e investigación da saúde pública, así como dar a coñecer o proxectos e a visión cara ao futuro.
A prevalencia e a evolución da diabetes melitus tipo 2, os cambios no seu manexo e o avance no coñecemento científico, entre outros aspectos, fixeron necesaria a actualización do Proceso asistencial integrado de diabetes mellitus tipo 2 do Servizo Galego de Saúde, publicado no ano 2015.
O obxectivo desta versión actualizada é orientar as actuacións dos e das profesionais no diagnóstico, o tratamento e o seguimento das persoas con diabetes mellitus tipo 2, co fin de mellorar a súa calidade de vida e reducir a morbimortalidade asociada, a través da diminución da variabilidade asistencial e baixo criterios de calidade e eficiencia.
A prevalencia e a evolución da diabetes melitus tipo 2, os cambios no seu manexo e o avance no coñecemento científico, entre outros aspectos, fixeron necesaria a actualización do Proceso asistencial integrado de diabetes mellitus tipo 2 do Servizo Galego de Saúde, publicado no ano 2015.
O obxectivo desta versión actualizada é orientar as actuacións dos e das profesionais no diagnóstico, o tratamento e o seguimento das persoas con diabetes mellitus tipo 2, co fin de mellorar a súa calidade de vida e reducir a morbimortalidade asociada, a través da diminución da variabilidade asistencial e baixo criterios de calidade e eficiencia.
O Déficit de Alfa-1 Antitripsina (DAAT) é unha alteración xenética identificada como o trastorno hereditario máis frecuente en adultos, caracterizada por niveis reducidos de alfa-1 antitripsina circulante, que predispón á afectación pulmonar, hepática e máis raramente cutánea e/ou circulatoria sistémica. A atención dunha persoa con DAAT é complexa, con distintas necesidades identificadas e moitos retos aínda por diante. Por tal motivo, proponse a elaboración deste documento, para que sexa de axuda na toma de decisións a calquera dos médicos implicados, desde o seu diagnóstico ata o seu seguimento, cunha perspectiva integral entre os servizos de pneumoloxía, AP, enfermería, farmacia hospitalaria (FH), incluíndo taména visión do paciente.
Este documento ten como obxectivo establecer protocolos de solicitude de probas de imaxe en patoloxía de ombreiro ante a elevada demanda de probas de imaxe. A súa finalidade é garantir que estas se soliciten de forma adecuada (redución de estudos innecesarios, de exposición á radiación, de atrasos nos tempos de espera) e evitar un aumento dos custos sanitarios.
O presente documento intégrase dentro dunha colección de protocolos que corresponden coa adaptación ao contexto do Servizo Galego de Saúde das sucesivas guías publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE), para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos a prescrición médica por parte das/dos enfermeiras/os, concretando os seus contidos no ámbito das ostomías.
Este protocolo está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e está coordinado desde o Servizo de Integración Asistencial da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.
A Estratexia galega de saúde fixa prioridades comúns para abordar desde os distintos eidos da política sanitaria: saúde pública, asistencia e investigación.
O documento recolle 20 programas e 100 liñas de actuación destinadas a afrontar os retos de futuro da nosa sanidade.
As prioridades marcadas buscan coordinar o sistema para deseñar políticas de saúde que preveñan a aparición das enfermidades, que aceleren o diagnóstico no caso de aparecer, que personalicen ao máximo a atención e o tratamento dos enfermos e que integren do xeito máis áxil posible todas as innovacións científicas e tecnolóxicas que vaian xurdindo.
Infografía para o fomento da notificación espontánea por parte da cidadanía. Obxetivo: busca implicar e empoderar a cidadanía para que saiban que poden notificar as sospeitas de reacción adversas aos medicamentos. Informando o que é prioritario notificar, como facelo e mellorar a calidade da información recibida. A través de imaxes e do código QR. A infografía foi feita utilizando recursos de lectura fácil, lexibilidade e contraste de cor adecuado para chegar ao maior número de persoas. Finalmente, búscase detectar novas reaccións adversas a través da detección de sinais das notificacións realizadas. Todo isto axuda a que a utilización dos medicamentos sexa máis segura.
Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos así como os resultados no período 2022,
Cartel (electrónico e impresión dunha unidade): convócase o IX Concurso universitario de curtametraxes relacionado coa doazón e o transplante de medula ósea, dirixido ao alumnado matriculado durante o curso 2023/24 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia. A finalidade é promover a sensibilización social de maneira responsable sobre a doazón, entendida como acto voluntario e altruísta.