Escolma de entrevistas a Isaac Díaz Pardo publicadas en prensa dende 1946 a 2011.
Escolma de entrevistas a Isaac Díaz Pardo publicadas en prensa dende 1946 a 2011.
O Dicionario de termos literarios está elaborado polo Equipo Glifo (Grupo Compostelán de Investigacións Semióticas e Literarias) e forma parte do proxecto “Dicionarios de Literatura” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Do mesmo xeito que nos dous volumes anteriores, recóllense definicións de termos do ámbito da retórica, da historia, da crítica, da narratoloxía, da semiótica, da hermeneútica, etc. acompañadas de exemplos pertencentes ao corpus literario galego desde a Idade Media ata a actualidade.
O catálogo da exposición producida polo Museo de Belas Artes da Coruña "Vestir Épocas: 1860-1960. A colección Ana González-Moro" presenta dous espléndidos artigos dos comisarios en que explican o contido da exposición. A seguir engádense as seccións que compoñen a mostra coas fotografías realizadas por Jesús Madriñán e a relación catalográfica das pezas.
O programa Femora recolle procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Protocolizar os coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica que lles propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso.
Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo do ano 2020 no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.
Publicación que describe o Programa galego para a detección precoz da xordeira en período neonatal´: obxectivo xeral, obxectivos epecíficos, poboación obxectivo, probas de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como resultados no período 2019.
Publicación que recolle os resultados do Programa galego de detección precoz do cancro de mama. Evolutivo 1992-2018.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2019 e evolución do período 1996-2019.
Resumo da actividade asistencial, administrativa, docente e investigadora, así como da súa estrutura.
Cartel conmemorativo do Día Mundial da Sida 2020.
O obxectivo é dar a coñecer os resultados do Programa galego de detección precoz do cancro de mama.
Procedemento de aplicación en todos os centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde para a detección precoz de mulleres en situación de violencia de xénero.