Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2017 e evolución do período 1996-2017.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2017 e evolución do período 1996-2017.
Catálogo da exposición de idéntico título da fotógrafa Sabine Weiss que supón un percorrido por diversos países, ao longo de varias décadas. Recolle os sentimentos máis íntimos do ser humano e a súa relación coa divindade. Acompáñase dun texto, en tres idiomas (galego, castelán e francés), alusivo ao interese da mostra, así como unha biografía da autora. O material de difusión compleméntase co cartel e cun despregable, tamén en tres idiomas.
Catálogo da exposición Camiñar, camiñamos… con fotografías de Adolfo Enríquez recollendo imaxes da peregrinación xacobea, resaltando, de maneira sutil e fuxindo dos tradicionais tópicos, o esforzo que ten que realizar o peregrino para acadar a súa meta. Nese sentido van tamén os dous textos que completan o catálogo.
Catálogo de fotografías de Luis Baylón sobre a cidade e a peregrinación a Benarés. Ademais das fotografías, o libro ofrece tamén artigos que explican os elementos esenciais para comprender a obra do fotógrafo.
Catálogo de fotografías sobre a peregrinación a Kailasa. O monte Kailasa, coñecido tamén na antiga tradición hinduísta como Meru ou Sumeru, é unha das montañas máis sagradas do mundo, pois é considerada coma tal por budistas e hinduístas, que cren que o Korlham -unha peregrinación de 52 quilómetros arredor desta montaña- os redime dos seus pecados e fainos renacer como persoas novas.
Catálogo da exposición "Totsukawamura. Corazón do Camiño" con fotografías de Luis Alonso Ocaña. Trátase dunha visión do contorno do Camiño de Kumano (Xapón) ao seu paso polo territorio de Totsukawa, destacando a presenza da natureza en que habitan os kami shintoístas vivindo coas divindades budistas en perfecta harmonía. Textos alusivos a esta peregrinación realizados por especialistas que contribúen a difundir unha manifestación peregrinatoria nun enclave declarado Patrimonio da Humanidade e con interesantes relacións co Camiño de Santiago a pesar da distancia.
Recompilación de fotografías de peregrinos que chegan a Santiago, acompañada por un relato referente ás experiencias vividas por un deles ao longo do Camiño.
Bosquexo histórico dos cincuenta anos de vida do Museo das Peregrinacións ata o ano 2001, xunto cunha selección das adquisicións feitas, desde o ano 1996 ata o ano 2001. Estas son obxecto dunha exposición onde se pode ver que son portadoras dun valor cultural primordial amosando así a función que ten que posuír unha institución museística como é o Museo das Peregrinacións.
Catálogo da exposición: Sri Pada : pasos de peregrino, pegada de deuses, no cal se documenta textual e fotograficamente a peregrinación á montaña sagrada de Sri Lanka, onde conviven peregrinos de catro relixións: budistas, hinduístas, musulmáns e cristiáns. As imaxes son da fotógrafa Jessica Agulló.
Catálogo da exposición de idéntico título en que se recollen aspectos gráficos da peregrinación que anualmente se realiza ao Señor de Qoyllur Rit'i nos Andes peruanos. As imaxes de Chistoph Lingg vense completadas con textos alusivos a esta interesantísima peregrinación que conserva rituais precolombinos, de Susanne Schaber e de Marcela Olivas Weston.
Trátase da visión do Camiño de Santiago desde Roncesvalles ata Fisterra do fotógrafo Eduardo Almajano. Cada fotografía acompáñase dunha cita de autores varios e a maioría das citas fan alusión aos camiñantes, ás etapas etc.
Catálogo da exposición que recolle a experiencia da viaxe da autora relacionándoa co xogo da oca, para espertar unha antiga comparanza entre peregrinación e xogo iniciático (Camiño de Santiago e xogo da oca).Inclúese un estudo científico sobre as alegorías do home como peregrino na terra.