Informe do modelo organizativo do programa de detección precoz do cancro colorrectal e principal resultado desde o inicio en 2013 ata o ano 2018.
Informe do modelo organizativo do programa de detección precoz do cancro colorrectal e principal resultado desde o inicio en 2013 ata o ano 2018.
Segunda edición, revisada e aumentada, do libro publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no ano 2013, ao cal se lle engade un índice onomástico.
A estrutura do libro ten dúas partes cunha soa finalidade: presentar a totalidade da obra escrita do ensaísta García-Sabell dentro dun mesmo paradigma hermenéutico. A primeira debulla os principios teóricos e a segunda remata por ser unha aplicación á cultura galega do tempo que lle tocou vivir (segunda parte do século XX).
Como pano de fondo que se mantén ao longo de todas as epígrafes esculcadas, mantense unha mesma secuencia: unha breve introdución a cada capítulo seguida dun desenvolvemento tripartito.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Publicación que recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Protocolizar os coidados conformará un instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución da diversidade inapropiada da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial.
Catálogo da exposición Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane.
O convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Amtega, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) prevé un modelo para a utilización da Historia social única electrónica (HSUE) por parte dos servizos sociais comunitarios municipais. Este documento compila as obrigas dos concellos con respecto ao tratamento dos datos recollidos nas sesións cos distintos profesionais que participan no proceso de intervención social no referente á incorporación de datos no sistema da HSUE. Tamén se centra nas obrigas do concello con relación ao tratamento que comporta a incorporación da dita información á HSUE.
Catálogo da exposición "Pinceladas ocultas".
Boletín de periodicidade anual en que se recollen informacións diversas do Instituto Galego das Cualificacións para a súa divulgación.
Memoria da actividade desenvolvida pola Unidade de Diagnóstico por Imaxe dependente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, dende a súa posta en funcionamento o día 4 de setembro de 1996 ata a súa integración na EOXI de Vigo o día 1 de xullo de 2019. Inclúe referencias ao seu sistema de xestión, a súa actividade asistencial, evolución da súa tecnoloxía, incorporación de técnicas innovadoras e actividade científica, e recolle ao final unha cronoloxía dos feitos máis salientables acontecidos nese período.
Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como os resultados no período 2018.
Documento estratéxico que recolle o marco de traballo para avanzar na humanización do Servizo Galego de Saúde.
O deseño para a innovación ocupa un lugar destacado na estratexia actual de crecemento, mercado interior, industria, emprendemento e pemes da Comisión Europea. Co obxectivo de mellorar o coñecemento e a comprensión do deseño polas empresas como factor estratéxico relevante, esta primeira publicación, O deseño como motor. Casos de éxito quere poñer en valor a relación dos deseñadores coas empresas como elemento de competitividade.