Catálogo da exposición Camiño (A orixe), con textos dos membros do comité asesor, máis 7 textos de estudo sobre temas relacionados co Camiño e 150 imaxes correspondentes ás obras expostas.
Catálogo da exposición Camiño (A orixe), con textos dos membros do comité asesor, máis 7 textos de estudo sobre temas relacionados co Camiño e 150 imaxes correspondentes ás obras expostas.
Publicación conmemorativa da adquisición por parte da Cidade da Cultura da Cultura do mural que Luis Seoane deseñou para a Fábrica de Porcelana da Magdalena en Bos Aires.
Catálogo da exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, na cal se propón como liña argumental os fitos históricos do fútbol en Galicia facendo un percorrido cronolóxico desde finais do século XIX até a actualidade, que se inicia cos primeiros éxitos do Vigo e o Fortuna na Copa de España e conclúe cos triunfos internacionais recentes dos xogadores galegos.
Catálogo da exposición "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia", que mostra un percorrido pola historia da artesanía galega desde a prehistoria ata os nosos días.
Catálogo da exposición "Auga doce. Agua dulce", con textos do comité científico da exposición, texto de Gabriel García Márquez e texto introductorio descritivo da exposición. Selección de 220 imaxes de obras da exposición.
Catálogo da exposición Flor Novoneyra, na que se representa o diálogo entre a obra de Antón Lamazares e a poesía de Uxío Novoneyra a través de 160 pezas de Lamazares, inspiradas nos versos do poeta.
Catálogo da exposición "Castelao maxistral", que ten como eixo o cadro de Castelao "A derradeira leición do mestre". Nos contidos inclúense os debuxos de Castelao relacionados coa escola e educación e a situación das escolas en Galicia no primeiro terzo do século XX.
Catálogo da exposición "Galicia universal. Arte galega nas coleccións Abanca e Afundación".
Primeira monografía editada en español sobre a artista escocesa Susan Philipsz. Con motivo da súa exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea presentamos unha compilación das súas obras relacionadas cos temas da ausencia, a perda e a morriña. Os textos reunidos nesta edición fan dela unha ferramenta fundamental para comprender a traxectoria da artista, así como as últimas tendencias en experimentación sonora en formatos de exposición.
Esta unidade didáctica pretende transmitir ao alumnado da ESO e Bacharelato os coñecementos sobre as bases e consecuencias do Estatuto de autonomía, para así convertérense no futuro en cidadáns e cidadás conscientes da súa realidade política e administrativa, e que poidan exercer os seus dereitos e cumprir cos seus deberes de forma plenamente responsable. Ademais de traballar de xeito transversal diferentes contidos, tanto relativos a conceptos e procedementos como ao desenvolvemento de valores, aborda os elementos prescritivos do currículo para cada un dos cursos.
Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social durante 2020 relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).
Publicación que engloba os datos de 2020 relativos ás operacións estatísticas 3803-01-OE05 cooperativas, 3803-02-OE05 sociedades laborais e 2401-OE05 centros especiais de emprego.