Cartel informativo sobre a vacinación fronte ao herpes zóster. Enviarase aos centros de saúde e hospitais para a información tanto ao persoal sanitario como aos usuarios.
Cartel informativo sobre a vacinación fronte ao herpes zóster. Enviarase aos centros de saúde e hospitais para a información tanto ao persoal sanitario como aos usuarios.
Amosar o vínculo singular que desenvolveron con Galicia científicos, escritores, artistas plásticos ou cineastas foráneos do último século e medio. Ese é o obxectivo de Detrás do espello, unha mostra que explora a biografía e o traballo dunha serie de autores foráneos que imaxinaron, construíron e proxectaron Galicia na súa obra, xa for a partir de representacións sobre referentes reais ou inventados.
Publicación que ten por obxectivo mellorar a seguridade dos pacientes a tratamento con Brivudina, Nitroglicerina e Buprenorfina, informar sobre as notificacións de sospeitas de reaccións adversas a medicamentos do ano 2022, así como recalcar a importancia de notificar as ditas sospeitas.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2021 e a evolución do período 1996-2021.
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
Baixo o lema “O verán que sempre vas lembrar”, a Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia desenvólvese durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Tríptico que ofrece información correcta á cidadanía sobre a doazón de sangue, para que quen o desexe se faga doante.
Folleto divulgativo para a promoción da doazón na poboación en xeral. Tamén se pode solicitar o carné de doador de órganos e tecidos a través destes folletos.
Esta publicación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración co Grupo de Enxeñería de Organización da Universidade de Vigo, fai unha recompilación ordenada dos requisitos administrativos, orientada ás adegas (de xeito especial ás pequenas e medianas) pertencentes ás diferentes denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) de Galicia, co propósito de que estas poidan mellorar o seu coñecemento e comprensión destes, e, como consecuencia, o seu cumprimento.
Lugo no tempo é unha celebración do fenómeno urbano en Galicia e a súa contribución á configuración da identidade local e galega, centrada na cidade de Lugo. O enfoque expositivo parte da memoria do visitante para deconstruír o espazo urbano e comprender as claves do seu cambio, relacionando as transformacións da cidade coas lembranzas locais. A mostra entende a cidade como un sistema cultural que constrúe parte da identidade dos seus habitantes e explorará esa rede de símbolos, palabras e relatos compartidos que son tamén herdeiros do tempo.
Coincidindo coa promulgación da Lei orgánica 3/2021, do 24 de marzo, de regulación da eutanasia (LORE), o Consello de Bioética de Galicia (CBG) considerou necesario reflexionar sobre aqueles aspectos relacionados co desenvolvemento do proceso e dos procedementos sustentados pola LORE, coa finalidade de axudar a dar unha resposta coa máxima garantía ética posible ás solicitudes de prestación de axuda para morrer.
Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos. Publicarase no portal Femora do Servizo Galego de Saúde, en https://femora.sergas.es.
A estenose aórtica (EA) é unha enfermidade crónica de evolución progresiva. A EA grave é a valvulopatía máis prevalente; especialmente en pacientes de idade avanzada, estímase un 3 % en pacientes de 75 anos ou maiores e prevese que se incremente de forma exponencial nas próximas décadas en relación co envellecemento da poboación. En xaneiro de 2018 implántase no Servizo de Cardioloxía o proceso asistencial de estenose aórtica grave sintomática e a súa implantación consolídase entre os anos 2019-2020, co fin de xestionar a asistencia dos pacientes subsidiarios de intervención, garantir o funcionamento correcto e coordinado de todas as súas fases e buscar un resultado óptimo en saúde. O presente documento pretende actualizar a versión previa deste protocolo e introduce as modificacións derivadas da análise de resultados e identificación de puntos susceptibles de mellora nos primeiros anos da súa posta en marcha.