Catálogo

Amosando 589 - 600 de 663

Documento dirixido á muller embarazada, para ser ofertado polos profesionais que atenden á muller durante o embarazo e que permite a esta e á súa parella, manifestar por escrito os seus desexos, necesidades, preferencias e expectativas en relación ao seu parto e nacemento do seu bebé. Tamén facilita a relación de confianza e comunicación entre as usuarias e os provedores de coidados durante o embarazo e o parto, e á vez, promove e facilita a toma de decisións informadas por parte da muller embarazada. Por último, este documento responde á demanda tanto de profesionais como de usuarias e contribúe a cumprir as expectativas de cada muller, sentirse implicada, poder decidir e manter o control sobre o proceso do parto, factores que se relacionan coa satisfacción xeral da muller.

O Plan Marco de Atención Sociosanitaria de Galicia 2013, recolle as liñas estratéxicas de asistencia sanitaria nos próximos catro anos, o que permitirá planificar e organizar os recursos existentes e as posibles actuacións conxuntas cos servizos sociais.

A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente a o ano 2012 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplantes tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos. En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.

O documento e a actualización doutro anterior publicado no ano 2008 no que se recollen recomendacións para o diagnóstico e tratamento dos pacientes con hepatite C. Os cambios nas pautas terapéuticas, coa aparición de novos medicamentos, é o que xustifica esta actualización.

En abril de 2013, o Parlamento de Galicia instou a Xunta, a que "se elabore e poña en marcha un plan de loita contra a obesidade infantil, aliñado coa estratexia da Organización Mundial da Saúde, a Unión Europea e o Goberno do Estado que, liderado pola Consellería de Sanidade e coa colaboración de todos os departamentos da Xunta que sexa preciso, permita garantir o mellor nivel de saúde presente e futura dos nosos nenos e nenas. A resposta dada pla Consellería foi a elaboración do Plan de prevención da obesidade infantil, que denominamos "Plan Xermola" e que concrétase en 13 liñas de acción e 34 intervencións agrupadas en cinco estratexias, que cobren, desde o principio da multisectorialidade, practicamente todos aqueles aspectos que poden influir na loita contra a obesidade infantil.

Publicación que recolle a actividade do ano 2010 da Oficina de Coordinación de Transplantes e dos tecidos galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén se recollen os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos así como os establecementos de tecidos. En canto áoficina descríbense as actividades desenvolvidas pola memsma, así como os obxectivs para o vindeiro ano

Instrucón que reflicte os obxectivos a acadar na campaña 2012, así como os aspectos técnicos relacionados coas vacinas antigripal e antipneumocócica que se van utilizar. Recolle tamén aspectos relacionados coa xestión da campaña desde a petición, distribución e rexistro das doses utilizadas na campaña. Vai dirixida a todos os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación (públicos e privados) que participan nesta campaña antigripal e antipneumocócica 2012