Catálogo

Amosando 409 - 420 de 655

Guía electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias, as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal e os servizos, plans e programas. Todo iso encamiñado a apoiar e favorecer todos os membros da unidade familiar.

Publicación electrónia en liña con contido dirixido ao persoal técnico sanitario e ao persoal das ONG que traballan no campo do VIH-sida. Trata o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva da infección e non do dunha enfermidade; así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas coma ás prácticas de risco e a distribución temporoespacial.

Documento de actualización sobre coidados paliativos. O enfoque previsto do texto é multidisciplinar; tenta abranguer todas as necesidades que se producen na atención a pacientes que precisan esta atención, na que se inclúen necesidades asistenciais ou a abordaxe psicosocial, emocional ou espiritual. Trátase dun boletín que pretende ofrecer un enfoque práctico, no que se describen as últimas evidencias en coidados paliativos.

Publicación electrónica en liña da instrución que recolle os obxectivos a acadar na campaña 2015, así como os aspectos técnicos relacionados coas vacinas que se van utilizar, e outra información relativa a súa xestión, distribución e rexistro das doses. Vai dirixida a todos os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación (públicos e privados) que participan nela.

Autor/a
Barba Queiruga
José Ramón [et al.].
Lingua/s
Galego

Documento explicativo dun protocolo orientado ás persoas profesionais da sanidade implicadas na extracción de mostras biolóxicas para a análise de alcol e outras determinacións de drogas, en persoas que, conducidas polos axentes de seguridade, solicitan voluntariamente unha determinación analítica destas substancias. Quedan excluídas, xa que logo, as extraccións con fins asistenciais.
O seu obxectivo é garantir que se cumpran correctamente os requisitos técnicos, organizativos e médico-legais do noso ordenamento xurídico.

Coordinador/a
Fernández Nogueira
Enma
Coordinador/a
Fernández da Silva
Josefa
Lingua/s
Galego

Memoria que recolle as accións e indicadores máis destacables da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública para o ano 2014. Recompilouse a información relevante para cada un dos catorce servizos cos que conta esta dirección xeral. Faise amais unha síntese dos sistemas de información xestionados e das publicacións realizadas na web e na intranet.

Actualización do protocolo de cribado da enfermidade de Chagas en mulleres embarazadas destinado a profesionais do Sergas que atenden á muller durante o embarazo e puerperio, así como aos seus fillos e fillas para previr, detectar e tratar precozmente a enfermidade de Chagas

Publicación anual con información estatística sobre os menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente, nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

0,00 €

Cartel relativo ao programa CONECTA 72, que pretende mellorar a comunicación entre a enfermería de atención primaria e o paciente tras a alta hospitalaria deste, ao tempo que se procura a integración entre profesionais de enfermería de distintos niveis asistenciais o que permitirá mellorar a continuidade dos coidados.
Coa publicación do póster preténdese dar a coñecer o programa entre profesionais e persoas usuarias.