Catálogo

Amosando 397 - 408 de 655

Novo boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.

Manual que pon á disposición de coidadores de persoas menores en situación de dependencia ferramentas e técnicas orientadas a axudar e favorecer o desenvolvemento persoal e a potenciar as habilidades do menor na busca de acadar as meirandes cotas de autonomía persoal.

Novo boletín informativo de periodicidade bimestral da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Publicación electrónica en liña dirixida a todas as persoas profesionais do ámbito da nefroloxía. Descríbe a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos, tanto a diálise coma o transplante na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, recolle os datos correspondentes a 2013 e a evolución dos últimos anos.

Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como os seus resultados no período 2014.

Boletín electrónico en liña de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Presenta as últimas novidades no eido da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

Actualización do documento elaborado no ano 2013 no que se establece o proceso de atención ao paciente con diabetes mellitus tipo 2, desde a sospeita diagnóstica ata o tratamento e seguimento. Está elaborado por un equipo multidisciplinar de profesionais do Servizo Galego de Saúde e o seu desenvolvemento encádrase no Plan de Prioridades Sanitarias da Consellería de Sanidade.

Publicación electrónica en liña que recolle actualizado o informe anual da tuberculose, editado polo Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose, con datos do ano 2014 e evolución do período 1996-2014.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Recompilación das disposicións normativas de política social publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) en 2015. A información clasifícase en cinco grandes epígrafes: consellería, familia, inclusión, maiores e persoas con discapacidade e xuventude e voluntariado.

A publicación "Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Memoria 2014" presenta os datos da actividade desenvolvida ao longo do pasado ano. Inclúe, entre outras, as seguintes epígrafes: identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas de información, e servizo de atención ao usuario.

Guía electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias, as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal e os servizos, plans e programas. Todo iso encamiñado a apoiar e favorecer todos os membros da unidade familiar.