Manual de acollida para dar a benvida ao persoal de nova incorporación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Manual de acollida para dar a benvida ao persoal de nova incorporación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias presenta as últimas novidades sobre a atención á urxencia e á emerxencia no ámbito extrahospitalario.
O obxectivo é dar a coñecer á poboación a nova aplicación de vacinas para o móbil.
A familia Bolechas visita unha unidade de doazón de sangue, alí a doutora explícalles as condicións que se requiren para ser doador e todo o proceso que precisa o sangue antes de subministralo aos hospitais para transfundir aos enfermos.
O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, dende o ano 1998. Na nosa Comunidade Autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, dende o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada téñense, polo menos, 8 controis que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.
O Plan Estratéxico da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 presenta as liñas de traballo desta organización para o período 2018-2021 co obxectivo de satisfacer as necesidades sanitarias da poboación galega, a busca proactiva da integración coa estratexia do Sergas, a mellora continua e o compromiso coa excelencia na xestión, a visibilidade da organización na sociedade, a xestión eficiente de alianzas e recursos e a xestión eficiente de persoas.
O Mapa de accidentalidade 2009-2013 presenta os datos máis relevantes sobre a atención sanitaria realizada polo 061 de Galicia por mor de accidentes nas estradas na Comunidade Autónoma de Galicia no período sinalado. Inclúense os mapas sobre os accidentes de tráfico rexistrados por concellos, os sinistros con cinco ou máis feridos, a xeolocalización de accidentes nas ciudades da Coruña e Vigo, os puntos de maior concentración de sinistros e os accidentes de trafico con pacientes falecidos.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.
Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2016 e evolución do período 1996-2016.