Catálogo

Amosando 217 - 228 de 663

Un dos problemas máis frecuentes que atopa o colectivo dos refuxiados no sistema sanitario é o problema de comunicación provocado polo descoñecemento do idioma.
Para isto, un dos itinerarios formativos do Programa de mellora da asistencia sanitaria ás persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias de protección internacional ten o obxectivo de facilitar o acceso e o coñecemento do sistema sanitario a estas persoas mediante ferramentas formativas relacionadas co desenvolvemento dalgunhas técnicas de diagnóstico, consultas con especialistas etc.
Os vídeos de accesibilidade cognitiva permiten salvar a barreira idiomática para que estas persoas poidan comprender, de forma sinxela, os pasos que se seguen nas diferentes situacións da atención sanitaria.
O vídeo para a dispensación da vacina axuda a reducir a ansiedade ou descoñecemento previos á consulta.

Autor/a
Aguayo Lorenzo
Eva... [et al.]
Lingua/s
Galego

Este traballo ten por principal obxectivo afondar no coñecemento do senfogarismo feminino en Galicia, poñendo o foco nas mulleres. Preténdese, así mesmo, coñecer como se están a atender as súas necesidades.. A mellora no coñecemento das mulleres que son atendidas polos servizos sociais, do seu perfil sociodemográfico e sociolaboral, así como dos servizos dos centros de que son usuarias, e das necesidades detectadas ten por obxectivo último que as mulleres en situación de senfogarismo poidan saír da situación de exclusión social en que se atopan en Galicia.

Os cambios sociais rápidos son factores de risco para o desenvolvemento de trastornos mentais. Tamén hai factores da personalidade e psicolóxicos, así como condicionantes biolóxicos, que fan que unhas persoas sexan máis vulnerables a padecer un trastorno mental. Existen estratexias e intervencións intersectoriais, eficaces e rendibles, de promoción, protección e restablecemento da saúde mental.Tomando como referencia o Plan de acción sobre saúde mental 2013-2020 da OMS, o Plan de saúde mental de Galicia posCOVID19 define 98 proxectos para minimizar o impacto da covid-19 na saúde mental da poboación galega.

O contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas como ás prácticas de risco e distribución temporoespacial.

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2019, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en Liña", así como datos da estrutura organizativa, recursos humanos, actividades científicas e novas tecnoloxías incorporadas á empresa, entre outros aspectos do funcionamento da organización.

Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis salientables do ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no cal se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.