Díptico con información sobre a proba rápida anónima de VIH e das entidades onde se pode facer esta proba gratuíta.
.
Díptico con información sobre a proba rápida anónima de VIH e das entidades onde se pode facer esta proba gratuíta.
.
Folleto que serve como guía básica para coñecer as infeccións de transmisión sexual. Descrición dos aspectos máis destacado de cada unha das principais ITS.
Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como os resultados no período 2020.
Cartel para promocionar a vacinación antigripal en persoas pertencentes a grupos diana da campaña.
Cartel para promocionar a vacinación antigripal en persoas pertencentes a grupos diana da campaña.
Cartel con información para unha dieta saudable; vaise distribuír nos centros de saúde e hospitais con servizo de pediatría, centros escolares públicos e privados, escolas infantís e supermercados.
Organización e coordinación da calidade e seguridade clínica desde unha visión multidisciplinar na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Na publicación sinálanse as liñas de traballo sobre calidade e satisfacción do usuario, así como a certificación e acreditación de novos servizos. Destaca o cronograma para o cumprimento da mellora dos obxectivos de ADX. Hai que destacar os premios e recoñecementos en seguridade e calidade obtidos nos anos 2019-2020. Xa por último, cómpre destacar a consecución de obxectivos como a estandarización do 50% dos protocolos e a estandarización de procedementos, protocolos e outros documentos. En suma, un exemplo da actividade realizada na área sanitaria a través do establecemento de relacións internas e externas para unha coordinación asistencial.
O pasado mes de marzo publicouse a Lei orgánica 3/2021, do 24 de marzo, de eutanasia. Entra en vigor o 25/06/2021. Esta guía pretende axudar a todos os profesionais sanitarios para prestar a axuda para morrer que establece esta lei orgánica.
Este procedemento intégrase no programa FEMORA que recopila procedementos estandarizados con evidencia científica para os profesionais do Sergas.
Ten como finalidade describir as pautas a seguir para unha correcta toma da temperatura corporal en humanos
I Plan de Igualdade entre mulleres e homes no Servizo Galego de Saúde, período 2021-2024, definido como un conxunto ordenado de medidas adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, tendentes a alcanzar na organización a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo.
Avaliación dos resultados da campaña de vacinación antigripal 2020 segundo os obxectivos específicos propostos. Coberturas acadadas, en Galicia, por provincias, áreas sanitarias e determinados grupos prioritarios na campaña.
Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis salientables do ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no cal se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.