Memoria anual, xeral e asistencial do Hospital da Costa.
Memoria anual, xeral e asistencial do Hospital da Costa.
Este manual realízase para facilitar aos inspectores de saúde pública unha ferramenta resumida, manexable e transportable de consulta para a súa labor cotiá dentro do programa de prevención e control da lexionelose, estrutúrase en doce capítulos, dende nocións básicas de epidemioloxía, tratamento de auga, normativa e guías técnicas e os programas de mantemento hixiénico sanitario e a avaliación de riscos das instalacións, descrición detallada das diversas instalacións que teñen risco de propagar a lexionelose, seguindo cunha visión dos aspects procedementais da función inspectora, unha referencia á toma e ao análise de mostras e a investigación dos casos illados e abrchos, para concluir cun caso práctico e modelos de actuación na acción inspectora..
Publicación que recolle a actividade desenvolvida na Área Sanitaria de Ferrol ao longo do ano 2009
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia -061 edita a súa memoria de actividade do ano 2009, na que se inclúen os seguintes apartados, limiar, identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas da información e servizo de atención ao usuario.
Este informe ten como obxectivo principal a evaluación do funcionamento da ferramenta PriTec para priorizar tecnoloxías sanitarias que sería relevante observar tras a súa introdución na práctica clínica.
Nesta instrucción, dirixida a profesionais sanitarios, recóllense os obxectivos, a información técnica actualizada sobre as vacinas e os aspectos relativos á xestión da campaña de vacinación antigripal/antipneumocócica 2010.
Publicación dos tres mellores traballos de diplomado en sanidade. Edición electrónica.
Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2009, que inclúe actividade asistencia, de consultoría e protección radiolóxica, así como datos sobre recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa, enquisas de satisfacción e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.
A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2008 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.En canto á oficina descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.
Información e forma de preguntas frecuentes, sobre o Radón.
Folleto informativo para persoal sanitario involucrado na comunicación da primeira noticia se Síndrome de Down a pais, familia, etc.
Folleto divulgativo sobre métodos anticonceptivos. Contén información sobre os distintos métodos anticonceptivos, dirixida á poboación feminina en idade fertil.