Catálogo

Amosando 13 - 24 de 231

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

22,20 €
Coordinador/a
Andrés
Tamara
Coordinador/a
Naveira
Manuel
Coordinador/a
Requeixo
Armando
Lingua/s
Galego

Este XLVII Caderno Ramón Piñeiro reúne un diverso abano de voces para falar da homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano 2024, Luísa Villalta. Así pois, ademais do limiar, a Cronobiografía construída por Armando Requeixo tamén serve como apertura. Sucédense tras ela vinte artigos agrupados en seis seccións: poesía, narrativa, teatro, ensaio e pensamento, tradución e música. Todos eles analizan a tan excelsa como poliédrica traxectoria de Villalta. Deste modo, sitúana nunha posición dialogante con outros autores e tendencias, ademais de pór en valor aquelas facetas do seu traballo que tenden a resultar eclipsadas. Conclúe o volume cunha bibliografía activa e pasiva da homenaxeada.

13,21 €
Autor/a
López Vázquez
Ramón
Lingua/s
Galego

O libro é unha presentación da totalidade da obra de Viqueira. Como profesor de filosofía no IES Eusebio da Guarda, engarza coas doutrinas de Leonardo Coimbra (Portugal), Bergson (Francia) e Risco (Xeración Nós). Como poeta, toma o lirismo da cultura galego-portuguesa como fío vermello que une todos os produtos culturais galegos. Na música popular galega pon a améndoa da cultura galega. Trátase dun libro en que a filosofía queda reducida á estética.

43,80 €
Editor/a literario/a
Búa Carballo
Juan Carlos
Editor/a literario/a
García Turnes
Beatriz
Lingua/s
Galego

Volume inaugural da colección "Tesouro paleogalaico" que presenta o primeiro estudo lingüístico das aras dedicadas ao deus Lar Berobreus aparecidas no santuario tardorromano (s. III-VI d. C.) do monte do Facho, na parroquia de Donón, Cangas, Pontevedra. O traballo consta de tres capítulos: un comentario arqueolóxico de José Suárez Otero, que serve de marco introdutorio á análise lingüística propiamente dita; un comentario lingüístico das epígrafes, de Juan Carlos Búa Carballo, e un catálogo dos altares do Facho con texto total ou parcialmente lexible, do mesmo Juan Carlos Búa en coautoría con Beatriz García Turnes e Isabel Beltrán López.

Coordinador/a
Alonso Girgado
Luís
Coordinador/a
Cochón
Luís
Coordinador/a
Requeixo
Armando
Lingua/s
Galego

O número XLV dos Cadernos Ramón Piñeiro (XLV), titulado Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán xunta unha vintena de artigos centrados en diferentes aspectos da vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2022. A súa poesía, os traballos de tradución, as vicisitudes do exilio ou o epistolario con varios compañeiros galeguistas son algúns dos asuntos tratados neste volume editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Coordinador/a
Andrés Padín
Tamara
Coordinador/a
Naveira Fuentes
Manuel
Coordinador/a
Requeixo Cuba
Armando
Lingua/s
Galego

No volume "Francisco Fernández del Riego no río do tempo", entrega número 46 da serie de Cadernos Ramón Piñeiro, converxen dezaseis achegas que, en proxección calidoscópica, conforman un retrato substancial da vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023. Organízase arredor de tres grandes eixos: "Intelectual e cidadán" —sobre a traxectoria vital e o percorrido do de Lourenzá como integrante de diversas institucións—, "Literatura e pensamento" —centrado no perfil máis autorial— e "Relacións e amizades" —no que se dá conta da súa ligazón con outros escritores e ámbitos—.

Autor/a
Calaza Martínez
Pedro
Autor/a
de la Cruz Vigo
Víctor
Autor/a
Gasalla Seco
Eugenio
Autor/a
González Ferreira
José Antonio
Autor/a
Martínez Gómez
Ramón
Autor/a
Rivas Paz
José Antonio
Lingua/s
Galego

Este manual ten como finalidade desenvolver unha metodoloxía práctica para realizar a reestruturación parcelaria cunha visión máis integradora, onde a conservación da paisaxe é un valor engadido en todo o proceso.

0,00 €
Lingua/s
Castelán
Galego

O Proxecto Lugares nace coa intención de transformar, dun xeito sostible, o espazo público no Camiño de Santiago, un dos itinerarios máis transitados e relevantes do mundo. A través dunha mirada multidisciplinaria, propón, da man da comunidade local, imaxinar e deseñar intervencións paisaxísticas e arquitectónicas sostibles, con materiais naturais e de proximidade.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

Cadernos de Fraseoloxía Galega presenta o seu número 24. Este volume está composto por sete artigos de temática diversa que tratan cuestións como a fraseoculturoloxía e fraseodidáctica no ensino de español como lingua estranxeira, a expresión das emocións e as locucións somáticas en francés e romanés, o uso de expresións fixas por parte de pacientes nas consultas médicas, a variación en unidades fraseolóxicas desde un punto de vista diacrónico, o ensino de español para estranxeiros a través da lingüística de corpus, as unidades fraseolóxicas contidas en contos humorísticos escritos por nenas e nenos e a simboloxía do raposo na fraseoloxía do chinés. Ademais, achégase unha recompilación de unidades fraseolóxicas manifestadas na zona do Couto de Oíns (Arzúa) e nove recensións de obras recentes sobre a fraseoloxía. Por último, déixase constancia das últimas novidades bibliográficas máis destacadas.