Catálogo de arte onde se recolle a traxectoria do pintor Antón Sobral. Inclúe unha serie de obras e textos biográficos.
Catálogo de arte onde se recolle a traxectoria do pintor Antón Sobral. Inclúe unha serie de obras e textos biográficos.
Segunda entrega do cobizoso proxecto que lle ofrece ao público a obra completa de Juan Montes, un dos representantes de maior poder creativo da música culta galega. A empresa desenvólvese coa garantía dun musicólogo de tan gran compromiso co noso patrimonio como é o padre Calo, quen, á parte de preparar a edición, achega un magnífico estudo introdutorio, no que refire con todo detalle os avatares que conduciron á creación das partituras que este volume fornece.
Terceira entrega do cobizoso proxecto que lle ofrece ao público a obra completa de Juan Montes, un dos representantes de maior poder creativo da música culta galega. A empresa desenvólvese coa garantía dun musicólogo de tan gran compromiso co noso patrimonio como é o padre Calo, quen, á parte de preparar a edición, achega un magnífico estudo introdutorio, no que refire con todo detalle os avatares que conduciron á creación das partituras que este volume fornece.
Cuarta entrega do cobizoso proxecto que vai ofrecer ao público a obra completa de Juan Montes, un dos representantes de maior poder creativo da música culta galega. A empresa desenvólvese coa garantía dun musicólogo de tan gran compromiso co noso patrimonio como é o padre Calo, quen, á parte de preparar a edición, achega un magnífico estudo introdutorio, no que refire con todo detalle os avatares que conduciron á creación das partituras que este volume fornece.
Primeira entrega do cobizoso proxecto que lle ofrece ao público a obra completa de Juan Montes, un dos representantes de maior poder creativo da música culta galega. A empresa desenvólvese coa garantía dun musicólogo de tan gran compromiso co noso patrimonio como é o padre Calo, quen, á parte de preparar a edición, achega un magnífico estudo introdutorio, no que refire con todo detalle os avatares que conduciron á creación das partituras que este volume fornece.
Obra coeditada pola AGADIC e Dos Acordes dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, serie Agra Vella. A publicación engloba obras para piano de Juan Montes froito fundamentalmente do baleirado dos fondos conservados no Seminario de Lugo e no convento das Clarisas de Monforte, en edición crítica de Joám Trillo e coa introdución de Carlos Villanueva.
Entre o despuntar de Atlántica e o xurdir da Facultade de Belas Artes de Pontevedra desenvólvese en Galicia o traballo dunha importante nómina de artistas de moi diferente procedencia académica e cos máis diversos horizontes estéticos e conceptuais. Nesa paréntese fecunda, loitarán por ampliar a visibilidade da súa obra en condicións adversas nunha sorte de terra de ninguén na que sempre será dificultuso atopar sinais de orientación e referencia. Arranca entón una apaixonante diversidade de propostas e de nomes (por fin abundantes nomes de muller), tamén moi crecente en número, se a comparamos coa xeración anterior. Esa apaixonante diferenza tivo un constituínte común, que non era outro ca a autoconciencia do feito artístico e da incontrolable contaminación de linguaxes. Foron as súas rupturas da representación.
Publicación ideada en 2013, durante a preparación da mostra individual Clearblueskydeepdarkwater, de Grahan Gussin, no Centro Galego de Arte Contemporánea. O comisario da exposición e daquela director do CGAC, Miguel von Hafe Pérez, e o propio Gussin convidaron un conxunto de críticos e outros profesionais do mundo da arte, dalgún xeito vencellados coa traxectoria do artista, a escribiren sobre a súa obra ou sobre algún aspecto concreto do seu traballo. O resultado foi esta colaxe de impresións, reflexións e propostas, que nos devolve un retrato fiel do artista e un percorrido polos temas fundamentais do seu universo creativo.
Graham Gussin (Londres, 1960) utiliza unha gran diversidade de medios para explotar a nosa percepción do tempo, do espazo e da escala. As súas obras adoitan manipular e apropiarse de imaxes e narracións literarias extraídas da historia da arte, da cultura popular e, sobre todo, do cine.
Nos inicios do Movemento Abstracto, nas décadas do cincuenta e sesenta, os artistas Molezún, Mampaso, Labra e Caruncho teñen una presenza moi activa no seu desenvolvemento. O catálogo desta exposición afonda nese período de grande interese para a arte galega contemporánea. Por medio de escritos e textos de historiadores e críticos, e a selección de obras, analízase a traxectoria dos artistas relacionados no contexto histórico 1950/1970.
Catálogo coas obras premiadas na convocatoria do Certame de Creadores Novos Xuventude Crea 2014, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas once especialidades, xunto coas súas fotografías e as imaxes das obras gañadoras.
Cartel anunciador do certame Xuventude Crea 2015, escollido como gañador do concurso convocado para o efecto.
Anuario dos premios do certame de creadores novos Xuventude Crea 2015 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas dos premidados nas once especialidades, así como de fotografías dos autores e das obras gañadoras.