Catálogo de exposición bibliográfica que se mostrou na Casa da Parra e que comprende toda a produción ilustrativa, gráfica e editorial de Luis Seoane.
Catálogo de exposición bibliográfica que se mostrou na Casa da Parra e que comprende toda a produción ilustrativa, gráfica e editorial de Luis Seoane.
Número XI da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter multidisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, trátase dun número monográfico especial dedicado a Santiago o Maior, o culto e os camiños xacobeos en Portugal.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2019 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 13 especialidades así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
A través desta publicación, o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ofrécenos o X Congreso Internacional de Estudios Jacobeos, en que se aborda o padroado xacobeo. Baixo o título de Jacobus patronus e, a través das achegas de recoñecidos investigadores de Cuba, Chile, Estados Unidos, Alemaña, España, Francia, Italia, Polonia e Portugal, o Comité quere afondar na relación do apóstolo Santiago co mundo exterior. O Congreso tivo lugar na cidade de Santiago, entre os días 9 e 11 de novembro de 2017.
Guía ilustrada da exposición temporal "De Punta Balea a Cabo Morás. A caza moderna da balea en Galicia" dedicada á caza da balea. Faise un percorrido pola exposición cun discurso expositivo que se desenvolve con comentarios breves e profusión de imaxes en cor das pezas expostas, con textos introdutorios e ao pé de imaxe.
Este catálogo forma parte da exposición temporal "Santomé. Conxunto arqueolóxico natural" que este Museo Arqueolóxico vai mostrar no periodo de novembro 2019 a marzo 2020.
Catálogo da exposición temporal "Colección Abrente: arte galega no desafío cultural dos 70".
Boletín científico do Museo de Belas Artes da Coruña. Monográfico dedicado ao Museo 1995-2018.
Catálogo da exposición Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane.
Catálogo da exposición "Pinceladas ocultas".
Catálogo da exposición, con 144 imaxes, que ilustran a presenza dos nenos e as nenas nos documentos custodiados polo AHP Lugo, estruturados en 7 seccións que percorren a multiplicidade de espazos, tempos e actividades en que participan. As sete seccións titúlanse: tempo de saúde, tempo de familia, tempo de aprender, tempo de lecer, tempo de festa, tempo de deporte e tempo de traballo.
Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) é unha das miradas fotográficas máis incisivas do panorama actual. A súa obra centrouse fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo intermedio entre o xénero psicolóxico e o arquivo de tipoloxías. As súas diversas series abordaron aspectos da noite festeira en grandes cidades europeas (Good Night London, 2011, ou Dopo Roma, 2016) ou no medio rural (Boas noites, 2013). A súa maneira de traballar é moi minuciosa e precisa, utiliza a cámara de gran formato e a película analóxica, o que fai máis complexo un traballo que se asocia á rapidez da reportaxe.