Guía para fomentar as boas prácticas agrícolas, gandeiras e forestais máis axeitadas en materia de conservación e sostibilidade ambiental, a través da formación e información de profesionais vinculados a estes sectores.
Guía para fomentar as boas prácticas agrícolas, gandeiras e forestais máis axeitadas en materia de conservación e sostibilidade ambiental, a través da formación e información de profesionais vinculados a estes sectores.
Guía para fomentar as boas prácticas forestais, na que se propón un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo como referencia para os profesionais do sector forestal no desenvolvemento da súa actividade, para acadaren a viabilidade económica, a sostibilidade ambiental e a aceptación social dos aproveitamentos dos montes.
Catálogo da exposición do mesmo título, realizada con imaxes fotográficas relativas á Catedral de Santiago e ao fenómeno xacobeo. Baséase na relación mística entre a luz, a espiritualidade e as formas inaprehensibles que vai tomando unha experiencia única.
Malia os anos transcorridos desde a emerxencia da música electrónica en Galicia, nunca antes se sistematizara o seu corpus cunha mínima amplitude. “Selectronic.gal” ofrece unha visión global, desde un posicionamento imparcial e desprexuizado, deste tipo de música en Galicia.
O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.
Resumo da actividade global e descrición detallada da actividade realizada polos distintos servizos de Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol ao longo do ano 2013, tanto no hospital coma nos centros de saúde.
O informe describe o Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal: obxectivos, características do programa, estrutura organizativa e sistemas de información e indicadores, así como os seus resultados no período 1995-2014.
Publicación na que se explica o proxecto de recuperación do queixo de San Simón: como se pasou dunha elaboración manual á aplicación das novas tecnoloxías, como dunha actividade inviable economicamente pasou a ser rendible etc. En definitiva, como se conseguiu que esta ”xoia gastronómica”, que estivo a piques de desaparecer, se recuperase en moi pouco tempo.
Coedición da Xunta de Galicia coa Editorial Alvarellos. Trátase dunha tradución a galego (inédita), desde o italiano medieval, de Darío Xohán Cabana do libro “I Fioretti di san Francesco”, con ilustracións feitas ad hoc por Darío Basso.
Esta guía trata de achegar información e recursos útiles que poidan facilitar o aleitamento e a crianza
Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Guía confeccionada a partir da colección de sementes de tomates tradicionais galegos do banco de xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, para a recuperación dos cultivares máis antigos.