Campaña de prevención do consumo de tabaco nas praias marítimas e fluviais.
Campaña de prevención do consumo de tabaco nas praias marítimas e fluviais.
A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2020 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.
A exposición de Cristina García Rodero "Transtempo", organizada polo Xacobeo en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea, presenta unha serie de obras realizadas pola fotógrafa desde os anos setenta até a actualidade. Esta obra, coeditada pola Xunta de Galicia e a editorial La Fábrica, reúne unha selección das pezas máis destacadas que constitúen esa mostra con textos de Miguel von Hafe Pérez, Rosa Martínez e Manuel Rivas.
O libro recolle as bases metodolóxicas para a elaboración de plans locais de saúde. Pretende ser unha ferramenta de apoio para os equipos de atención primaria que queiran orientar a súa actividade cara a un enfoque comunitario.
Documento de acollida aos pacientes e familiares cando ingresan nunha unidade de hospitalización a domicilio.
Este procedemento intégrase no programa Femora que recopila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Ten como finalidade describir as actividades encamiñadas a proporcionar fármacos ao paciente por vía intramuscular.
Boletín informativo sobre o contexto normativo e entrevistas sobre a importancia de ter un decreto de artesanía alimentaria.
Boletín con entrevistas variadas sobre a importancia dunha indicación xeográfica protexida Pan Galego.
Boletín editado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para dar a coñecer os últimos avances en urxencias prehospitalarias.
Este libro inaugura a colección CGAC_Ensaio, un dispositivo editorial concibido polo CGAC para promover e difundir a escrita sobre arte e cultura contemporánea.
Rosendo Cid (Ourense, 1974) é o autor desta divertida reflexión acerca da práctica artística contemporánea titulada "A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria". Os membros do xurado do I Premio CGAC de Investigación e Ensaio, con que resultou galardoado en 2019, valoraron especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun texto marcado polo humor e a ironía, dúas estratexias moi presentes na obra plástica do artista ourensán.
En novembro de 1970 o artista arxentino David Lamelas editou por primeira vez Publication, un libriño sen ilustracións con textos de Keith Arnatt, Robert Barry, Stanley Brouwn, Daniel Buren, Victor Burgin, Michel Claura, Gilbert & George, John Latham, Lucy R. Lippard, Martin Maloney, Barbara M. Reise, Lawrence Weiner. O libro recolle as reaccións destes artistas e críticos de arte a tres afirmacións formuladas por Lamelas arredor dunha cuestión central da arte conceptual: a relación existente entre arte e linguaxe. A peza, que se presentou por primeira vez na galería Nigel Greenwood Inc. Ltd. de Londres, poderá verse na exposición individual de David Lamelas no CGAC en 2021. Como novidade, a edición do CGAC inclúe un debuxo a cor de Marcel Broodthaers que non fora reproducido en ningunha das edicións e reimpresións anteriores da obra.
Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936-Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente á marxe do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que deron forma ao seu museo. O seu legado deixóunolo en forma de proxecto museográfico, seguindo un proxecto totalmente innovador, no que se plasmaban conceptos moi actuais sobre xestión, difusión e divulgación museística. Sistematizouno nun compendio de 606 fotografías, debuxos e escritos denominado "Museum vom Einsiedler Man". Camelle (A Coruña) Spanien, no que se recolle a esencia da súa creación artística entre os anos 1969 e 1978.