Catálogo

Amosando 409 - 420 de 1444

Este libro está deseñado principalmente para que os alumnos dos cursos de acreditación de competencia en benestar durante o transporte aprendan as nocións básicas necesarias para trasladar os animais por estrada.

Director/a
González Rey
María Isabel
Lingua/s
Galego

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta un novo número. Este volume n.º 20, correspondente ao ano 2018, está composto por catro artigos que xiran arredor das novas tecnoloxías aplicadas á fraseodidáctica, da paremioloxía galega do viño e da fraseoestilística da tradución poética bielorrusa. Tamén se inclúen unha escolma da fraseoloxía de Tabeirós extraída da obra Contiños da Terra (1931) de Manuel García Barros, sete recensións de obras relevantes do eido e as novidades bibliográficas máis destacadas de 2018

Autor/a
Aguayo Lorenzo
Eva... [et al.]
Lingua/s
Galego

Este traballo ten por principal obxectivo afondar no coñecemento do senfogarismo feminino en Galicia, poñendo o foco nas mulleres. Preténdese, así mesmo, coñecer como se están a atender as súas necesidades.. A mellora no coñecemento das mulleres que son atendidas polos servizos sociais, do seu perfil sociodemográfico e sociolaboral, así como dos servizos dos centros de que son usuarias, e das necesidades detectadas ten por obxectivo último que as mulleres en situación de senfogarismo poidan saír da situación de exclusión social en que se atopan en Galicia.

Editor/a literario/a
González
Déborah
Lingua/s
Galego

A monografía, que corresponde ao nº 2 da serie ArGaMed, reúne unha serie de capítulos a cargo de especialistas consagrados nos estudos medievais, con dedicación á lírica trobadoresca, dando prioridade aos enfoques lingüístico, sociolingüístico e pragmático. Entre as páxinas do volume, o lector poderá encontrar traballos con dedicación a diferentes cuestións lingüísticas. Ademais, convídase o lector a reflexionar sobre a formación da tradición manuscrita galego-portuguesa, a partir do recoñecemento de estratos scripto-lingüísticos diferentes. Tamén se reflexiona sobre a circulación dunha antoloxía de cantigas medievais en época posterior ao movemento trobadoresco, a partir do exame da localización e autoría das composicións "espurias", de incorporación máis recente. Coa finalidade de ofrecer unha nova hipótese sobre a identidade do autor, tamén se atende a algún problema grave de atribución, entre os aínda persistentes no cancioneiro galego-portugués. Tamén se proporciona unha ampla aproximación á produción trobadoresca galego-portuguesa desde unha perspectiva sociolingüística. Así mesmo, lévase a cabo unha avaliación de usos e expresións concretas en relación co xénero lírico, así como do uso do galego nunha das máis célebres composicións plurilingües do período trobadoresco.

Coordinador/a
Corral Díaz
Esther
Coordinador/a
Pichel
Ricardo
Autor/a
Pichel
Ricardo
Autor/a
Garzón Fernández
Marina Aurora
Autor/a
Vázquez García
Tania
Colaborador/a
García-Fernández
Miguel
Lingua/s
Galego

Este nº 3 da serie ArGaMed é o primeiro libro que ofrece un estudo completo e rigoroso do corpus da prosa galega medieval con información actualizada dos textos e das investigacións publicadas (incorpóranse obras ata o de agora descoñecidas e novas interpretacións de certos testemuños). O manual ten como obxectivo dar a coñecer ao público interesado todos os textos literarios compostos en galego na Idade Media de forma sintética e seria, e está ilustrado cun amplo repertorio de imaxes dos manuscritos. Para iso realízase en cada obra un estudo sucinto da descrición física dos testemuños que conservan a obra, unha análise concisa do texto que teña en conta as súas características, a súa tradición textual e o seu contexto de produción. Por último, complétase cun exhaustivo apéndice bibliográfico particular que recolle as edicións, estudos e proxectos da obra publicados (e en curso de realización), e un índice de axentes e espazos culturais que evidencian o ambiente sociocultural da época na área setentrional peninsular.

Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web.
Esta revista ten como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnado e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras recentemente editadas. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.

0,00 €

Folleto informativo sobre o Programa galego de detección precoz de cancro colorrectal dirixido á poboación diana do programa, homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia. Incorpora información sobre a importancia da detección precoz do cancro colorrectal e como participar no programa.

Os cambios sociais rápidos son factores de risco para o desenvolvemento de trastornos mentais. Tamén hai factores da personalidade e psicolóxicos, así como condicionantes biolóxicos, que fan que unhas persoas sexan máis vulnerables a padecer un trastorno mental. Existen estratexias e intervencións intersectoriais, eficaces e rendibles, de promoción, protección e restablecemento da saúde mental.Tomando como referencia o Plan de acción sobre saúde mental 2013-2020 da OMS, o Plan de saúde mental de Galicia posCOVID19 define 98 proxectos para minimizar o impacto da covid-19 na saúde mental da poboación galega.