Tríptico divulgativo con referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal.
Tríptico divulgativo con referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal.
Esta publicación que lanzamos no marco do Programa de deseño para a innovación 2020 desenvolverase a través dun conxunto de entrevistas para pensar sobre o noso futuro na era pos-COVID, con algúns e algunhas dos/as mellores profesionais galegos/as do deseño a nivel galego, nacional e internacional.
Guía para empresas, axentes sociais e operadores xurídicos eminentemente práctica, enfocada a clarexar as dúbidas que poidan aparecer durante as distintas fases de negociación, deseño e aplicación dun plan de igualdade. Ao longo deste documento profúndase tanto na normativa aplicable a cadas fase do proceso coma na xurisprudencia e na doutrina máis relevante, dando resposta a preguntas frecuentes e a supostos prácticos reais.
Guía para a identificación de posibles condutas contitutivas de acoso sexual e por razón de sexo nas pemes e ferramentas para as accións encamiñadas á erradicación destas condutas.
O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica elaborou este informe que presentou ao Parlamento de Galicia en xaneiro de 2021 no que se fai unha diagnose da nosa dinámica poboacional. Este informe complementouse cun segundo documento co título Galicia perspectivas demográficas, (Segunda parte.-Análise DAFO e CAME) que buscaba ofrecer unha serie de conclusións axustadas á realidade demográfica de Galicia. No citado traballo quedou patente que Galicia, como o conxunto de España, completou hai décadas o seu proceso de transición demográfica e segue a estar inmersa na serie de transformacións características da segunda transición demográfica ligada ao incremento da mobilidade e a importantes cambios sociais, económicos e de valores. Neste contexto de profundas transformacións sitúase a pandemia da Covid-19 con indicadores de recesión que non se coñecían desde hai moitas décadas.
O informe reflexiona sobre a necesidade de que este cambio non pode ser puramente tecnolóxico, senón que ten que ir acompañado dun cambio educativo e cultural, como se reclama desde moi diversas instancias.
Despregable que, a través de mapas, gráficos, fotografías e textos, recolle os albergues públicos da Xunta de Galicia ao longo de todas as rutas xacobeas da Comunidade. Inclúe tamén información sobres as normas de uso, prazas, horarios, prezo etc.
Libro de preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que poden xurdir sobre a doazón e o transplante de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos aos alumnos de secundaria e ciclos formativos.
Este procedemento pretende documentar os coidados que se realizan ao paciente portador dun reservorio subcutáneo incorporando a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a estandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais, garantindo a seguridade, confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.
A finalidade deste procedemento é elaborar un documento que sirva de guía para os profesionais sanitarios no que respecta á administración de fármacos por vía nasal, de modo que se reduza a variabilidade clínica, se incorporen as mellores prácticas na actividade e se garanta unha administración eficaz e segura.
Este procedemento pretende documentar os coidados que se realizan no paciente portador ou que precisa dunha sonda nasogástrica, incorporando a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a estandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais e garantir en todo momento a seguridade e confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.
Este terceiro número da revista Agroexprés segue recollendo artigos interesantísimos para a divulgación do agro galego, como o millo forraxeiro en ecolóxico, a calidade do poldro en Galicia, os lévedos presentes nos queixos artesanais..., e a estrea dunha sección nova de horta sobre as variedades de tomates tradicionais.
Selección das disposicións normativas máis salientables no ámbito das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo do ano 2021 no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en cinco grandes epígrafes, danse os seguintes datos de cada rexistro: título da disposición, número de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML. Así mesmo, no rexistro de cada disposición poden aparecer todas aquelas disposicións relacionadas con ese rexistro: extracto, modificación, corrección de erros ou posibles resolucións (de requirimento, ampliación do prazo, incremento de crédito, adxudicación etc.).