Catálogo

Amosando 1345 - 1356 de 1425
0,00 €

Publicación que analiza a evolución das ocupacións desde a perspectiva dos novos filóns de emprego na comunidade Publicación que analiza a evolución das ocupacións desde a perspectiva dos novos filóns de emprego na Comunidade Autónoma galega e que dá continuidade ao mesmo estudo publicado no ano 2002 sobre este tema. O tempo transcorrido desde a aparición deste termo vén confirmando a solidez dos cambios demográficos, sociais e económicos que sinalaban na súa concepción. Considérase oportuno, ademais, con este estudo tratar de establecer unha relación directa entre os ditos ámbitos e os novos certificados de profesionalidade publicados. Deste xeito ábrese unha nova posibilidade de inserción laboral para as persoas que traballan neste ámbito sen acreditación profesional.

0,00 €

Manual de prevención de riscos laborais na pesca de baixura, marisqueo e acuicultura que se divide en tres bloques. O primeiro sobre cuestións lexislativas e conceptos xerais de prevención de riscos laborais. O segundo sobre as artes da pesca, os riscos asociados e as súas posibles solucións e por último un apartado de emerxencias e primeiros auxilios.

Lingua/s
Galego

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido laboral e do benestar elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG)

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Descrición da xestión da prevención de riscos laborais nas empresas radicadas en polígonos ou parques empresariais co obxectivo de coñecer os seus recursos e organización preventiva e dispoñer de información na que basear criterios de actuación en materia de asesoramento e asistencia técnica.