Publicación recompilatoria dos relatorios presentados durante as decimoquintas Xornadas Estatais de Departamentos de Educación e Acción Cultural, que se desenvolveron no Museo de Belas Artes da Coruña en outubro de 2008.

Catálogo da exposición Chema Madoz, que proporciona a oportunidade de redescubrir a obra dun potente creador de imaxes, nacidas dunha percepción privilexiada da contorna cotiá. Amosa unha fascinante colección de ideas fotografadas en branco e negro.
Catálogo que reúne un nutrido e variado conxunto de efígies dos nosos pintores do século XIX, sorprendente polo seu atractivo e variedade, e extraordinariamente interesante para descubrir os rostros daqueles que foron protagonistas das artes plásticas durante o século XIX, tan próximo e, con todo, aínda tan descoñecido.
Catálogo da exposición realizada no Museo de Belas Artes da Coruña, integrada por fondos da extraordinaria colección da entidade bancaria.
Publicación que recolle o resultado do traballo de investigación realizado polos autores sobre a colección numismática que forma parte dos fondos que custodia o Museo das Peregrinacións e de Santiago. O estudo contempla a catalogación minuciosa de cada peza numismática e a súa contextualización histórica e arqueolóxica.
Reportaxe fotográfica dos rituais que se desenvolven en Plaine du Nord (Haití) en honor do Apóstolo Santiago, cunha peregrinación que ten como escenario a charca embulleirada na que reside o espírito de Santiago, e na que se fan uns rituais no seu honor nos que se utilizan fórmulas procedente do vudú.
O catálogo da mostra Balnearia bibliográfica: un percorrido gráfico e bibliográfico das augas minerais en Galicia amosa unha pequena selección gráfica e bibliográfica deste mundo impreso que acompaña o fenómeno social das nosas augas e dos nosos balnearios case desde o seu nacemento. Este catálogo compleméntase con outros tres capítulos que serven de base narrativa e científica: unha breve historia das augas mineromedicinais en Galicia, un dicionario biobibliográfico dos hidrólogos de Galicia e unha completa bibliografía das augas mineromedicinais e balnearios de Galicia ata a actualidade.

Publicación monográfica sobre o centro de produción de ánforas de época romana localizado en Bueu. Inclúe un anexo sobre o proceso de restauración e reintegración dunha ánfora tipo San Martín de Bueu 1. Trátase dunha publicación ilustrada con fotografías, debuxos e mapas con carácter divulgativo.
Esta publicación, titulada "Paseantes, viaxeiros e paisaxes", recolle os traballos de especialistas que participaron nas xornadas e no seminario do mesmo nome celebradas no CGAC no marco dunha nova liña de traballo e debate sobre as estéticas da paisaxe contemporánea. Nesta publicación, cóntase coa colaboración extraordinaria do artista británico Richard Long, referencia internacional da arte conceptual e a land-art.
Publicación das actas do simposio Repensando Galiza: as Irmandades da Fala (1916-1931), celebrado o pasado ano 2016 en Santiago de Compostela, co gallo do centenario das Irmandades da Fala, movemento cívico que supuxo un punto de inflexión na historia de Galicia e no desenvolvemento da súa afirmación como suxeito colectivo.
Trátase do catálogo da exposición que se desenvolveu no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia desde o 20 de decembro de 2016 ata o 20 de marzo de 2017. Complementan o catálogo das 120 pezas que figuraron na exposición dez artigos de profesionais de diferentes ámbitos que achegan a súa visión da paisaxe.