Catálogo da exposición de fotografía de Emmanuel Sougez (1889-1972) realizada no Museo de Belas Artes da Coruña. Trátase dunha figura singular, entregada á fotografía pictórica, con repercusión tamén na crítica de arte.
Catálogo da exposición de fotografía de Emmanuel Sougez (1889-1972) realizada no Museo de Belas Artes da Coruña. Trátase dunha figura singular, entregada á fotografía pictórica, con repercusión tamén na crítica de arte.
Número sete da revista científica "Ad Limina". Revista de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Catálogo da exposición do mesmo título, baseada nos materiais didácticos para o ensino da xeografía nos séculos XIX e XX. Permite comprender a súa evolución e observar as formas de transmisión desta área do coñecemento.
Catálogo da exposición do mesmo nome, que recolle a colección completa de iconas rusas depositadas no Museo das Peregrinacións de Santiago pola familia Santos-Illueca e que forman parte da exposición organizada polo museo para dar a coñecer os ditos fondos. Complétase con textos realizados por especialistas sobre a materia. Mantense o idioma orixinal no que se redactaron os referidos textos.
Obra amplamente documentada e ilustrada verbo dun dos temas esenciais da existencia humana, visto desde a perspectiva da cultura europea, nos inicios da súa configuración actual.
Obra amplamente documentada e ilustrada verbo dun dos temas esenciais da existencia humana, visto desde a perspectiva da cultura europea, nos inicios da súa configuración actual.
Novo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro, no que o coñecido ilustrador Siro López avanza no tema do humorismo cervantino (do que xa ten escritos outros volumes) e cuxa máxima expresión amósase no Quixote. Siro é un gran coñecedor do tema que nos presenta neste libro, grazas en parte aos pensadores galeguistas Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.
Guía sobre a Casa Museo Valle-Inclán, na Pobra do Caramiñal e en Vilanova de Arousa.
Descrición do mosteiro de San Clodio (Leiro), desde as súas orixes ata a actualidade, na que se comentan todas as transformacións das que foi obxecto. Nunha segunda parte faise referencia ás obras levadas a cabo para a súa conversión en hotel de 4 estrelas.
Versión ao galego do Tartufo de Moliére, produción do Centro Dramático Galego estreada no Salón Teatro de Santiago de Compostela en setembro de 2016. Abre a colección "O papel do teatro" para lles dar cabida ás obras producidas polo CDG.
Coeditada pola AGADIC e Positivas, este Tartufo reflexiona desde a comedia sobre os perigos da impostura e do artificio poñendo o foco sobre aquelas persoas que posúen a capacidade de detectar as debilidades e vulnerabilidade dos demais, para as empregar no seu beneficio.
Volume no que se recollen diversos traballos lingüísticos, biográficos e bibliográficos que queren honrar a traxectoria vital e académica do profesor Xesús Ferro Ruibal. Estudoso da onomástica galega e fraseólogo internacionalmente recoñecido, Ferro Ruibal é un divulgador incansable da lingua e cultura galegas. O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ten a honra de contar co seu saber e o seu indiscutible compromiso, polo que se lle dedica esta colección de traballos como agradecemento.
Recuperación da lembranza dunha das figuras de maior trascendencia práctica para o desenvolvemento de Galicia. Domingo Fontán, como xeógrafo, levantou o primeiro mapa de Galicia con criterios e técnicas cartográficas modernos; así mesmo, desenvolveu un labor político moi importante, baseado nun profundo coñecemento do país, no século XIX.