Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na Comunidade Autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na Comunidade Autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
O autor deste traballo, Pedro López Gómez, que foi director do Arquivo do Reino de Galicia desde 1986 ata 1995, analiza as condicións que propiciaron a investigación neste arquivo, como a existencia de ricas fontes documentais, os procesos de incorporación -e destrución- de documentos, e do interese das súas informacións para os distintos tipos de usuarios.
Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia en 2019.
Nesta publicación danse unhas nocións básicas sobre algunhas especies de mamíferos comunmente usados na investigación
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2017 e evolución do período 1996-2017.
Esta unidade didáctica ten como obxectivo achegar ao alumnado de 3º e 4º de ESO a importancia da vacinación, ao tempo que pon de manifesto a relevancia histórica da Real Expedición que partiu a comezos do século XIX desde A Coruña para levar a vacina da varíola ao continente americano.
Así mesmo, destácase o papel fundamental que tivo na expedición a galega Isabel Zendal, enfermeira e reitora do orfanato da Coruña, considerada pola Organización Mundial da Saúde a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Deste xeito, a guía facilita aos docentes recursos innovadores aplicables ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia ou Cultura Científica.
Protocolo que é o resultado dun traballo multidisciplinar co cal se pretende a detección temperá das dificultades educativas do alumnado con discapacidade auditiva e ofrecerlle unha axeitada intervención educativa que facilite o seu éxito educativo.

Esta obra é unha guía de literatura infantil e xuvenil de libros publicados entre os anos 2014 e 2016 dirixidos á infancia e mocidade. Pretende destacar aqueles libros que superan a discriminación de xénero, salvando estereotipos, prexuízos e roles tradicionais. Recolle 51 títulos de libros coa súa temática e xénero, e cun resumo de cada un deles, así como un fragmento significativo, actividades para o profesorado, pais e nais, e as ligazóns que nos remiten a cada libro, ao autor/a e ao ilustrador/a.
Documento que recolle a resposta educativa que require o alumnado con enfermidade crónica ou que sofre lesións como resultado dun accidente, durante un período do tempo máis ou menos prolongado no cal, de ser o caso, non pode asistir ao centro educativo, de maneira que se garanta o retorno ao centro en condicións de normalidade cando as condicións de saúde o permitan. Así mesmo, inclúe as actuacións básicas en urxencias de saúde e primeiros auxilios.
Protocolo que recolle a rutina educativo-sanitaria que hai que contemplar no caso do alumnado que padece diabetes, contribuíndo a facilitar a plena integración das nenas e nenos diabéticos na comunidade educativa mediante a colaboración voluntaria do profesorado.