Anuario no que se reúnen as distintas actividades e operacións estatísticas relacionadas co ámbito sociolaboral galego referido ás seguintes áreas temáticas: conciliacións individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, infraccións na orde social, regulación de emprego, apertura de centros de traballo e empresas de traballo temporal.
O obxectivo final da publicación reside en dar unha visión global do panorama sociolaboral galego.