Catálogo

Amosando 973 - 984 de 1924

Guía que recolle as solucións construtivas máis frecuentes no eido da rehabilitación arquitectónica, cunha incidencia especial na sostibilidade da actuación e eficiencia enerxética.
Configúrase como unha ferramenta sinxela, que lles permita aos técnicos implicados no eido da rehabilitación:
- Adoptar as solucións de rehabilitación dos edificios, tanto nos seus elementos constructivos coma nas súas instalacións, que garantan o cumprimento e a mellora dos estándares básicos establecidos pola normativa de aplicación
- Garantir a correcta execución das solucións adoptadas para o cumprimento dos obxectivos buscados
- Determinar qué solucións de rehabilitación deben de adoptar para garantir o cumprimento dos estándares esixibles en materia de aforro enerxético, ou adoptar solucións que permitan superar os ditos estándares en función da mellora que se pretenda acadar.
A conexión co visor de mapas climáticos de Galicia, desenvolvido polo IGVS no marco deste proxecto, permite adoptar as solucións máis axeitadas, de acordo coa localización específica do edificio, xa que estes mapas caracterízan todo o territorio galego en función de parámetros climatolóxicos que condicionan o comportamento dos edificios en materia de eficiencia enerxética.

Autor/a
López Lorenzo
Siro
Prologuista
López Vázquez
Ramón
Lingua/s
Galego

Novo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro, no que o coñecido ilustrador Siro López avanza no tema do humorismo cervantino (do que xa ten escritos outros volumes) e cuxa máxima expresión amósase no Quixote. Siro é un gran coñecedor do tema que nos presenta neste libro, grazas en parte aos pensadores galeguistas Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en 5 grandes epígrafes, de cada rexistro danse os seguintes datos: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación de las personas usuarias.

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

24,50 €
Editor/a literario/a
González González
Manuel
Lingua/s
Galego

Volume no que se recollen diversos traballos lingüísticos, biográficos e bibliográficos que queren honrar a traxectoria vital e académica do profesor Xesús Ferro Ruibal. Estudoso da onomástica galega e fraseólogo internacionalmente recoñecido, Ferro Ruibal é un divulgador incansable da lingua e cultura galegas. O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ten a honra de contar co seu saber e o seu indiscutible compromiso, polo que se lle dedica esta colección de traballos como agradecemento.

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñeceren, a se aceptaren e a viviren a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.