Catálogo

Amosando 673 - 684 de 1932
Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis salientables no ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.

Documento estratéxico que pretende potenciar e consolidar a hospitalización a domicilio como un modelo asistencial do Servizo Galego de Saúde e garantir o seu desenvolvemento nos próximos cinco anos, establecendo criterios homoxéneos de atención coa finalidade de normalizar os modelos asistenciais, carteira de servizos e fluxos de traballo para asegurar una asistencia sanitaria de calidade.

O boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias presenta as novidades máis salientables en medicina de urxencias e emerxencias aplicables ao traballo asistencial dos profesionais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñeceren, a se aceptaren e a viviren a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

A desnutrición é un problema coñecido nos pacientes hospitalizados, especialmente nos pacientes críticos. A prevalencia no paciente hospitalizado oscila entre un 30 e un 60% e é máis elevada no paciente grave debido á alteración no metabolismo dos diferentes substratos e ao déficit de nutrientes.
Obxectivo: diminuír a variabilidade na valoración do risco de malnutrición e optimizar a terapia nutricional especializada (TNE) nos pacientes críticos hospitalizados no Servizo Galego de Saúde, realizando unha valoración do risco de malnutrición e un tratamento homoxéneo dos pacientes críticos con risco en todos os hospitais do Sistema sanitario público de saúde de Galicia.

Autor/a
Blanco López
Rosa María [et.al].
Lingua/s
Castelán

O programa FEMORA recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas. Protocolizar os coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial.

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.