Guía técnica, publicada en liña, que recolle pautas de actuación na inspección de equipos eléctricos nas zonas clasificadas con risco de explosión.
Guía técnica, publicada en liña, que recolle pautas de actuación na inspección de equipos eléctricos nas zonas clasificadas con risco de explosión.
Publicación electrónica en CD, que recolle o traballo centrado en identificar e analizar os criterios e procedementos empregados para a priorización de tecnoloxías sanitarias no nivel nacional/internacional, co fin de establecer criterios universais e enfoques prácticos que poidan servir de base para o desenvolvemento dun marco de priorización para o SNS.
Manual que pon á disposición de coidadores de persoas menores en situación de dependencia ferramentas e técnicas orientadas a axudar e favorecer o desenvolvemento persoal e a potenciar as habilidades do menor na busca de acadar as meirandes cotas de autonomía persoal.
A través de fichas, esta publicación electrónica en liña dános un estudo polo miúdo do mercado laboral na Comunidade Autónoma de Galicia; achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
A liña de traballo consistente na publicación de material epistolar da autoría de sobranceiras figuras da nosa literatura ou dos nosos estudos filolóxicos, ten unha nova contribución en Cartas a Fermín Penzol, quen foi ilustre mecenas da cultura galega. Ramón Piñeiro, Ben-Cho-Shey, Cabanillas e Otero Pedrayo son os autores deste moi interesante feixe de cartas que se reproducen con escrupuloso respecto aos textos orixinais e se completan con observacións críticas co engadido de abondosas notas a rodapé.
O limiar e mais a nota de edición caracterizan e xustifican o contido deste libro e as súas peculiaridades filolóxicas.
Publicación electrónica en liña que presenta dun xeito estruturado e coherente o total dos datos estatísticos correspondentes ao ámbito da educación non universitaria do curso 2012/13. Recóllense todos os aspectos cuantificados, a través de distintas fontes, e faise referencia tanto aos centros públicos coma aos privados nos distintos tipos e niveis de ensinanzas no ámbito galego.
Esta publicación foi revisada polo Servizo de Formación, Asesoramento Lingüístico e Proxección Exterior da Lingua da Subdirección Xeral de. Política Lingüística
Difundirase soamente na web no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no sitio temático “Estatísticas Educativas”: http://www.edu.xunta.es/web/node/2956
Novo boletín informativo de periodicidade bimestral da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Informe resumo de actuacións realizadas ao longo do servizo icoopera
Guía de recomendacións para o uso da innovación e as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas cooperativas galegas. Proxecto Icoopera.
Publicación electrónica en liña dirixida a todas as persoas profesionais do ámbito da nefroloxía. Descríbe a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos, tanto a diálise coma o transplante na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, recolle os datos correspondentes a 2013 e a evolución dos últimos anos.
Publicación electrónica en liña dirixida a todas as persoas profesionais do ámbito da nefroloxía. Descríbe a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos, tanto a diálise coma o transplante na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, recolle os datos correspondentes a 2013 e a evolución dos últimos anos.
Informe que describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos, así como os seus resultados no período 2014.