Catálogo

Amosando 601 - 612 de 1923
Autor/a
Ares Martínez
Ana
Autor/a
[et.al.].
Lingua/s
Galego

O programa Femora recompila procedementos con evidencia científica para os profesionais do Sergas.
Protocolizar os coidados confórmase como instrumento de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso.

O obxectivo deste informe é avaliar a seguridade e a efectividade da epiduroscopia con intervención mecánica, con o sin ablación por radiofrecuencia, no tratamento do síndrome de cirurxía fallida de costas e da estenose espinal lumbar.

A Guía de Práctica Clínica de Prevención y Tratamiento de la Conducta Suicida publicouse no ano 2012 formando parte do Programa de Guías do Sistema Nacional de Saúde. O propósito desta guía era mellorar a atención e prevención da conduta suicida e axudar á toma de decisións dos profesionais sanitarios e dos pacientes e familiares. O tempo transcorrido desde a súa publicación, a nova evidencia publicada e a prioridade do problema fan relevante a súa revisión. O obxectivo deste informe é documentar o procedemento para a revisión da vixencia das recomendacións da guía e os principais resultados e conclusións do grupo de traballo.