
Datos
Sinopse
Publicación ideada en 2013, durante a preparación da mostra individual Clearblueskydeepdarkwater, de Grahan Gussin, no Centro Galego de Arte Contemporánea. O comisario da exposición e daquela director do CGAC, Miguel von Hafe Pérez, e o propio Gussin convidaron un conxunto de críticos e outros profesionais do mundo da arte, dalgún xeito vencellados coa traxectoria do artista, a escribiren sobre a súa obra ou sobre algún aspecto concreto do seu traballo. O resultado foi esta colaxe de impresións, reflexións e propostas, que nos devolve un retrato fiel do artista e un percorrido polos temas fundamentais do seu universo creativo.
Graham Gussin (Londres, 1960) utiliza unha gran diversidade de medios para explotar a nosa percepción do tempo, do espazo e da escala. As súas obras adoitan manipular e apropiarse de imaxes e narracións literarias extraídas da historia da arte, da cultura popular e, sobre todo, do cine.